CADERNO DE BITÁCORA PALABRAS COMPARTIDAS
Xoves, 20 de marzo de 2014
Esta tarde non chove, Santiago ten unha tregua ben merecida despois de tanta auga. Por iso as nosas lectoras están especialmente animadas. Ten mérito abondo ser galega, vivir entre cores grises e manter o espírito en alto. Ou o seu talante a esas horas do serán débese a que tocan poemas? O clima afecta, si, pero a poesía tamén. Falta unha das compañeiras, saberán con posterioridade que unha bicicleta se cruzou no seu camiño e atropelouna: virá ao día seguinte con mazaduras, e coa certeza de que terá perdido unha xuntanza agarimosa arredor dos versos escollidos e do desacougo dun Chirbes potentisimo.
O sol brilla
as estrelas brillan
e o que máis brilla é a lúa.
Iago L.L., de seis aniños, fala por boca de Fernanda, que nos trae estes versos sinxelos e certeiros. Porque o que ten verdadeiramente mérito é desprender luz na escuridade. Falta faranos, porque escura é a novela que logo pasaremos a comentar. Xunto ao noso xove poeta, desfilan as Palabras para Julia de Goytisolo, cantadas por Paco Ibáñez, a declaración de amor de Rilke a Lou Salomé no seu Apágame os ollos, O po namorado de Quevedo, os versos da filla da nosa Ánxela que pode ser que lembren a un amigo con problemas....Créase un momento de maxia, como sempre que lemos poesía, e incluso aquelas que se resisten ao encantamento non poden evitar estremecerse.
En la orilla xa é outro cantar. Rafael Chirbes preséntanos unha visión nada poética da vida. Poderíase dicir que a tese da súa última novela aparece xa con toda a súa contundencia na páxina 38: "La vida es sucia, el placer y el dolor sudan, excretan, huelen". A gran metáfora que utiliza o autor para expresala pivota sobre dous eixos, Leonor e o pantano, símbolos desa antropoloxía filosófica que en forma novelada reúnenos hoxe en torno á nosa mesa de lectura. Ese pantano, como a vida, no que entran e saen, ou miran desde a ribeira, todas as personaxes.
Pero vaiamos paseniño. Formalmente, a novela de Chirbes non é unha novela, senón un ensaio filosófico e sociolóxico novelado. É case indiferente que personaxe fale, o importante é o que se di. Esta tesitura de estudo profundo é o que dificulta a súa lectura, e tamén o que pon de relevo a profundidade do que se está a contar. De vez en cando, ou, poderiamos dicir, con frecuencia, é bo dármonos de bruzos contra a realidade.
A nivel de contidos, e aínda que as impresións que temos todas son dispares, coincidimos en que o esencial son as relacións que a vida establece coa morte, coa verdade e coa mentira.
A morte iguálanos aos animais: "...he visto....los he visto baquear y agitarse igual que he visto hacerlo a los perros que se me han muerto, el mismo valeo, la misma respiración entrecortada y sibilante". Esteban, o protagonista, aínda que se trata dunha novela coral, ama os cans, "los ojos del perro". Contundente Chirbes, profundo: somos madeira, arxila, carne...e para seguirmos vivos fainos falla idealismo. "Te suicidas porque eres quien eres y no quien quisieras ser, te pegas un tiro porque no te soportas. Por puro odio.(...) Capacidad para mentirse. Sólo sobreviven quienes consiguen creerse que son lo que no son". E nomea o autor o oxímoron ou xuntanza de palabras que se contradin para crear un efecto estraño: "Un hombre inocente".
A vida e a verdade. O home é fráxil, vive no desconcerto da súa propia fraxilidade. Esta é a súa verdade: resistirse a ser o que é, un ser apaixnoado, instintivo, animalesco, que se parapeta na razón para fuxir de si. "Los hombres somos animales extraños, pensamos con lógica distinta a como sentimos y demasiadas veces lo que sentimos se opone a lo que necesitamos, el amor, la pasión, esos son los sentimientos, o, por qué no, el odio, pueden llegar a ser nuestra ruina, y avanzamos hacia ella a sabiendas...". A muller, Leonor, levanta a veda cara a verdade. Sobre o que ela inspira dise con rotundidade: "No era palabrerío en torno al sentido o la verdad de la vida. Era la verdad de la vida. Poseer esa carne, defenderla del deseo de otros, saberla a tu disposición y vedada para los demás. Ser un hombre. La llamada de la mutua originaria". Pódenos parecer politicamente incorrecto, pero Chirbes non quere corrección, quere deconstruír a verdade, facer poesía das miserias humanas: "...esperar del ser humano sólo lo peor, el hombre, una fábrica de estiércol en diferentes fases de elaboración, un malcosido saco de porquería...". O aborto elixido en aras da liberdade e o seu devastador recordo. Leonor como signo inequívoco da vida e da morte para Esteban. O amor sensual como barricada tras a que agocharse nunha consoladora regresión: "...si me apuras, tiraba de mí el útero materno, y Leonor me lo ofreció: qué es el sexo sin ese afán de recogerse y acorralarse en el recinto rosado y mullido: meterse dentro de otro por cualquiera de sus agujeros, deseo de volver a estar allí, en la sombría oquedad interiro, calentito, mecido en el líquido amniótico, acunado entre flemas".
Iníciase o debate. Non queremos que sexa así a nosa realidade humana, demasiado humana. Algunhas cren que o autor esaxera deliberadamente....Non nos gusta atoparnos de bruzos co que, posiblemente, somos ou podemos chegar a ser. Chirbes describe simplemente e incluso, parécenos a outras, abstense de valorar. Hai outros mundos posibles, si, pero o que el presenta é tamén palpable, e sobre todo nestes tempos de penuria que nos toca vivir.
A vida e a mentira. Quizáis temos que mentirnos para poder soportalo. A presentación da familia de Esteban, familia tan facilmente recoñecible: o vello con Alzheimer e só o fillo perdedor ao seu carón no coidado final. Todos os demais fuxidos da responsabilidade. A filla, a preferida, que non chama, o fillo desaparecido que só quere cartos e se non nada quere... Rachan os mitos sobre as relacións humanas: paternais, filiais, fraternas, de amizade, de parella...
Agora ben, non se trata só dunha psicanálise aplicada sen máis. Ao autor interésalle diseccionar o momento actual na nosa obsoleta xa e mal chamada sociedade do benestar. Onde quedan os principios morais? Até que punto estamos indemnes perante a corrupción que se nos amosa por aquí e acolá? Este retrato minucioso dunha cultura que está putrefacta, co paro, a falsa aparencia, os vidos a menos, onde apenas hai inocentes, fainos sentir rubor. "Seguramente la cosa tiene algo de justicia distributiva, las familias más pobres de los países más miserables son las más ricas en cadáveres. (...) El pobre suele estar por debajo del umbral de eso que se inventaron los burgueses protestantes y se llama moral". Estase a falar do egoísmo torpe da insolidariedade, a retratar o despropósito dunha humanidade sen escrúpulos, dun tempo no que a agonía entona o "sálvase quen poida".
Quédanos a todas un desacougo e unhas ganas inmensas de ler novela rosa con final feliz.
Será posible que atopemos ese consolo en O derradeiro libro de Emma Olsen da escritora novel e recién premiada Berta Dávila? Porque esta é, xunto a La intrusa de Éric Faye, a propostaa do noso club para o vindeiro 24 de abril. Boa lectura!

Ningún comentario:
Publicar un comentario