Páginas

Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de febreiro de 2013

Voces de Celso Emilio

"A poesia não está nas olheiras imorais de Ofélia
nem no jardim dos lilases. (...)

A poesia está na luta dos homens,
está nos olhos abertos para amanhã."
                                (Mario Dionísio, in Poemas)

Fai cen anos nace en Celanova Celso Emilio Ferreiro, poeta chamado a revolucionar o panorama literario galego da última etapa do franquismo. A sociedade galega e española vive un presente de sombras -unha longa noite de pedra-, e o poeta Celso Emilio ergue unha voz de protesta e rebedía fronte a unha sociedade que el ve hipócrita, materialista e pechada a toda espiritualidade. A falta de liberdade esperta no poeta o canto nostálxico dun tempo de liberdade que Celso Emilio liga ao sentimento da terra, á infancia perdida e a un tempo en que a harmonía habitaba entre os homes.


"Recitando Celso Emilio" por alumnos do Xelmírez 1 con motivo do centanario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro.

luns, 12 de novembro de 2012


LEVA – TRAE
Podes deixar un libro teu e levar outro dos que hai na mesa.



Cando deixes o teu libro, ponlle o adhesivo recordatorio do intercambio de libros da Biblioteca

martes, 14 de febreiro de 2012

CHARLES DICKENS NA BIBLIOTECA.

Last February 7th, the world celebrated the bicentenary of Charles Dickens's birth. Charles Dickens (1812-1870) is considered one of the best writers in the English Literature. His works, most of them so well-known as David Copperfield, Little Dorrit, Hard Times, The Tale of Two Cities, A Christmas Carol and Oliver Twist,, are a portrait of the difficulties and hard conditions of the working classes in Victorian times.

To commemorate this date, our school displayed 3 videos showing some aspects of his life, wonderful movie versions from his works and part of the musical Oliver. Some of his books in English and Spanish were also on display.




O pasado 7 de febreiro celebrouse o bicentenario do nacemento de Charles Dickens (1812-1870), considerado un dos mellores escritores da Literatura en Lingua Inglesa. As súas obras, tan coñecidas como David Copperfield, A Pequena Dorrit, Tempos difíciles, Historia de Dúas Cidades, Conto de Nadal e Oliver Twist, representan as condicións tan duras e difíciles nas que vivían as clases traballadoras da época Victoriana.

Co gallo deste día, o instituto proxectou 3 video clips que amosaban datos da súa vida, versións cinematográficas das súas obras e parte do musical Oliver. Tamén houbo unha mostra das súas obras.

luns, 7 de novembro de 2011

O SAMAÍN

O mércores 2 e o venres 4 de novembro celebramos o SAMAÍN na BIBLIOTECA.

           


As alumnas e os alumnos de 1º e 2º de ESO asistiron á lectura do relato de Rafael Dieste “O neno suicida” . Gracias ao traballo de Manuel Canedo e Julia Caro (2º Bacharelato A)  poidemos disfrutar da lectura do relato e da música de Loreena McKennitt.  Visualizade o vídeo dalgunha das sesións.