Páginas

Amosando publicacións coa etiqueta El amor en los tiempos del cólera. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta El amor en los tiempos del cólera. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de xullo de 2014

Caderno de bitácora, xuño 2014

   IES XELMÍREZ I                                                                           CADERNO DE BITÁCORA
CLUB DE LECTURA                                                                       PALABRAS COMPARTIDAS


Luns, 9 de xuño de 2014

Sete do serán, a súa biblioteca....saben qué a última xuntanza deste ano académico, sen contar a que suporá a celebración festiva de tantos bos momentos, cara finais de mes, en torno a uns viños e unhas tapiñas...pero esa é outra historia da que non levarase conta (non interesa que transcenda). Hoxe falta algunha: contratempos de última hora. As lectoras están alegres, soltas...achéganse as vacacións estivais e xa é unha razón de peso para a ledicia. Ademais, hoxe toca poesía e recordatorio do día do libro.

Loli, a nosa bibliotecaria, lembra a efemérides do día do libro, en abril pasado. Proxéctanos un video que recolle as intervencións máis destacadas que tiveron luar no instituto. Si, este ano decidiuse convocar a bos lectores e lectoras, persoas de todo tipo non ligadas profesionalmente á ensinanza, para que foran polos grupos de Secundaria trasmitíndolles ao alumnado as súas experiencias coa lectura e a paixón que esperta neles. Unha desas convocadas foi Ana, a nosa lectora do club, e disfrutou lembrando esa data ao verse na grande pantalla da biblioteca. Todas disfrutamos, obviamente. As faces dos rapaces e rapazas, a emoción dos relatores, e os libros como os protagonistas desa xornada enchen o momento. 
       A poesía desta tarde é a de Neruda (Los versos del capitán) e a de Rosalía, que veñen da man de Mª José e de Fernanda. A maxia queda garantida xa para todo o tempo que dure a velada. 

E pasamos a García Márquez, a Gabo, ao noso Gabiño....menuda xoia! El amor en los tiempos del cólera, releída tantas e tantas veces, e esta é unha máis. 
       A análise formal non arroxaría nada novo que non estivera xa antes dito. A perfección estilística e literaria queda fóra de toda dúbida. Pasamos a disfrutar directamente do seu contido, dos temas, das cosmovisións que proxecta a trama e as súas personaxes. Unha idiosincrasia, un modo humano de ser, mellor dito, os modos humanos de seren as persoas que viven o amor, a paixón e os corsés sociais dunha época. 

Amor e morte, saúde e enfermidade. O amor e o cólera. Eros e Thánatos, a historia máis humana xamáis contada. Que esta novela de Gabo é unha historia de amor é unha certeza na que todas coincidimos. Que sexa unha historia de amor sen fisuras esa xa é outro cantar. Muriel ven encadilada: o triunfo do amor despois de toda unha vida á espera da súa consumación, a escea do barco na travesía que supón a carnalización dun sentimento etéreo ata ese momento, xa cos amantes vellos e expertos, que sen embargo tremen pola novidade do encontro...Non, non...outras lectoras rómpenlle a Muriel a beleza da súa interpretación...A historia dos protagonistas revela un amor triste, encorsetado polos convencionalismos sociais dunha cultura e, posiblemente, un amor obsesivo, enfermizo e difuso. O cólera da o trasfondo necesario para presentar os sentimentos contaminados, sublimados ou quizáis non de todo claros. 

É Fermina Daza unha sufridora por amor ou unha muller cómoda que deixase levar polos condicionantes socioeconómicos de clase e prefire, plenamente consciente, a Juvinal Urbino e non a Florentino Ariza? Juvenal Urbino ofrécelle unha relación pautada acorde co momento e o luar, unha relación fácil, doméstica, que lle outorga o equilibrio desexado nun ambiente perigoso porque a enfermidade acecha. O marido quere á súa muller, á súa maneira, pero a quere. Perde Fermina o tempo da vida nese matrimonio por conveniencia e convencional ou a gaña? 
       Florentino Ariza pode non ser tan bo como o pintan (??): baixo o lema  "mellor a lealtade ca fidelidade" pódese esconder un pederasta en potencia (comentamos moito a pasaxe dasúas relacións sexuais coa prostituta menor de idade, que pode ser autobiográfica), un home promiscuo que rexeita dunha relación sentimental ao uso, e incluso un egoísta inmaduro que vese incapaz de sacrificarse en aras da suposta muller da súa vida. 
      
Son hipóteses de traballo....porque o certo é que ficamos encandiladas polo cruce de sentimentos entre as distintas personaxes. Esta lectura da novela de Márquez levounos por unha senda crítica e desmontadora dos prexuízos románticos dende os que a concebíamos. Sirvíunos para lembrar experiencias persoais nosas nas que tamén podíamos discutir en torno a se amor sí, amor non ou obsesión. Segue a ser o tema, o tema da vida e das relacións sentimentais. O mundo máxico do Nobel, o mundo humano, demasiado humano.


Poñemos cita para ir de festa, ou de festiña. Levaremos propostas de lectura para o vrao, e faremos balance deste ano que remata. Tamén falaremos das novidades que queremos para o noso Palabras compartidas no vindeiro curso, sempre adiante, e sempre a mellor. Faremos fotos e seremos máis lectoras que nunca. Bo vrao e felices vacacións!...E moitas e boas lecturas!!!