Páginas

Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de marzo de 2013

MOSTRA DE LIBROS DE VELLO E CURIOSOS

Desde finais de xaneiro pode verse na planta principal do instituto unha mostra de libros antigos e curiosidades que foron achegando diferentes profesores. Hai tamén algún exemplar prestado por alumnos e por pais e nais.






luns, 22 de outubro de 2012

INSTRUMENTOS MANUAIS DE DEBUXO TÉCNICO

Despois da bonita exposición das “GOMAS DE BORRAR”, podemos xa contemplar a espléndida exhibición de instrumentos manuais prestados xenerosamente polo profesor Paulo Porta. Pertencen á súa colección privada. Podemos atopar, por unha parte, MANUAIS DE DEBUXO TÉCNICO E TRATADOS DE XEOMÉTRÍA que constitúen a meirande parte da exposición. O exemplar máis antigo data do ano 1765 e os máis recentes son de mediados do século XX.
Por outra parte podemos contemplar COMPASES , BIGOTEIRAS, TIRALIÑAS, REGRAS, ESCALÍMETROS, TRANSPORTADORES… case todos fabricados en Inglaterra no século XIX.
A seguinte presentación é un exemplo desta atractiva e valiosa exposición.