Páginas

venres, 17 de xaneiro de 2014

CADERNO DE BITÁCORA, reunión conxunta Xelmírez-Fraguas

CLUB DE LECTURA                                                                     CADERNO DE BITÁCORA
  IES XELMÍREZ I                                                                         PALABRAS COMPARTIDAS
Martes, 26 de novembro de 2013
Día D, hora H, lugar B de Biblioteca. Hoxe esperan o compañeiro e compañeiras lector e lectoras do Club de Lectura do IES Antonio Fraguas. Así, utilizando os dous xéneros, porque os do Fraguas teñen un varón, Xabi. Ademáis está Manuel Portas, o autor de Faneca brava, a novela que serve de pretexto para esta xuntanza extraordinaria. 

Nós, as do Xelmírez, xa limos a obra do noso colega en xuño pasado, coincidindo coa súa presentación, e hoxe contrastamos as conclusións ás que chegaramos daquela coas impresións que os do Fraguas teñen. A presenza do autor engade unha emoción curiosa a este encontro interclubs tan buscado por todos desde fai tempo: non é casualidade que sexa Faneca brava a novela elexida para o mesmo. Desexabamos que a nosa tertulia contase coa participación do escritor do libro, e a Manolo o tiñamos a man. Por iso.
       Empezamos pola atmósfera. Maxistralmente recreada. Espacialmente, lugares coñecidos e queridos: Santiago, as terras de Arousa..., irmanados todos. O tempo: nostálxicos setenta. Elena Francis, a FP, o PPO, a música de autor nos tempos finais da ditadura franquista, a impronta da radio na vida cotiá, o recendo á publicidade de marcas tan familiares para todos...

       Os temas da obra se vertebran en torno á Galicia esencial: a emigración, a herdanza e as partillas, a importancia da familia (na que algunha lectora quixo ver no apelido dos protagonistas, Pereira, o simbolismo da árbore como estirpe), a apariencia sobre o real (que o maldito fique escondido), a dialéctica en torno ao amor (xa temática de índole universal: o oficial e o clandestino), o problema da incomunicación como rasco que estraga as relación humanas...
       A nivel formal destacamos dúas cuestións. Manéxase a estrutura típica (presentación, nudo e desenlace) cunha alternancia nas voces narrativas, primeira e terceira persoa, o cal sabemos dificulta o ritmo da trama e a construcción da mesma.


       Xunto á Faneca, outras dúas personaxes fundamentais: Fernando e Mamá Carme, devastadora.
       Metáforas tenras: os peitos maduros con forma de lágrima....
       Discútese co autor a necesidade ou non da coda, e el mesmo confesa que dubidou en eliminala e que, de feito, o final da novela foi cambiado varias veces. Tamén se lle espeta que a Faneca so é case brava, polo medo que parece ter ao rexeitamento do seu amante ante unha hipotética formalización convencional da súa relación. Neste punto nótase moita discrepancia entre os lectores, e nos enzarzamos nunha discusión divertida.

       Finalmente Manuel Portas nos comenta que está a piques de publicar unha nova novela e que traballa noutra ambientada no Santiago medieval. As esperamos!!!!

Quedamos emplazados para o vindeiro mes de decembro con Purga y El amante. Boa lectura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario