Páginas

xoves, 16 de febreiro de 2012

EL PAÍS DE LAS MUJERES


 “El país de las mujeres” de Gioconda Belli é unha novela  que trata de cómo sería o mundo si estivera gobernado polas mulleres e con xeito de muller. O fundamental é como exercen o poder, o seu obxectivo é o “Felicismo”, que como a palabra  di, é a felicidade de tod@s.
 Faguas  é un país empobrecido cun alto nivel de corrupción a tódos os niveis: político, xudicial,... onde os que exercen o poder só se preocupan de enriquecerse e vivir ben, o índice de absentismo escolar e desalfabetización é alto e nesta situación as mulleres son as máis perxudicadas, relegadas a vida familiar inda que teñan estudios, abusadas sen ter onde acudir, sometidas á vontade dos homes.
As marabillosas mulleres deste libro preocúpanse por mellorarlles a vida de tódos os días aos cidadáns de Faguas, ao seu país queren coidalo como se coida un fillo e acuñan a palabra “coidadá/an” para referirse aos cidadáns.
Tras dous anos de goberno, nos que todos os estamentos de poder están rexentados só por mulleres, as melloras sociais, económicas, educativas, sanitarias e de todo tipo son evidentes e a poboación acada un nivel de vida inimaxinable con anteriores gobernos pero hai quen non está contento e prepara un atentado contra a presidenta Viviana Sansón que cae abatida por dous disparos.
 Este é o punto de partida desta novela divertida e cuestionadora do que está ocurrindo neste momento no mundo.
O FELICISMO é un bo “ismo”, posible, amable, xeneroso, liberador




Ningún comentario:

Publicar un comentario