Páginas

venres, 20 de xaneiro de 2017

AGRADECEMENTO A TRAVÉS DAS REDES





PÁXINA DO FACEBOOK DO ESCRITOR:



Principio del formulario




Onte tocou volver á que xa é unha casa máis, con familia, como é o club de lectura “Palabras compartidas” do IES Xelmírez I, dirixido pola amigaLoli Sans. A fidelidade é tan grande que cada libro que publico lévame alí, onde teño lectoras que saben máis da miña obra ca min mesmo. Unha sorte inmensa para alguén que “reconstrúe ruínas”. Tres horas e media de conversa que pasaron voando (agardo que para elxs fose igual). Subscribo as palabras de Carlos Casares de que escribimos para nos queiran máis. E esa é sensación que teño cando volvo a esta casa ateigada de “fans” que onte dixeron cousas fermosísimas sobre A FERIDA DO VENTO. Comparto aquí unha da amiga Fernanda, que ten uns cadernos de lectura artísticos, e me confesou que a lectura do libro fora coma unha canción sucesiva, coma se estivese asistindo a un concerto de Xabier Díaz. En fin, pouco que engadir, só que regreso ao cuarto escuro para escribir un novo libro co que poder volver a este club privilexiado. Grazas











Ningún comentario:

Publicar un comentario