BENVIDOS AO CURSO 2016/2017
O pasado xoves, 6
de outubro, arrincou a primeira reunión do club de lectura para
adultos, PALABRAS COMPARTIDAS. Animámosvos para que todos os
lectores/as que esteades interesados/as en pasar unhas tardes
marabillosas rodeados/as de fantásticas historias, acompañédesnos
nas reunións que se celebrarán na Biblioteca do centro e de cuxas
datas daremos conta a través deste blogue.
“De
onde sacar tempo para ler? Grave problema. Que non o é. O tempo para
ler sempre é tempo roubado, (do mesmo xeito que o tempo para
escribir, por outra banda, ou o tempo para amar.) Roubado a que?
Digamos que ao deber de vivir. O tempo para ler, igual que o tempo
para amar, dilata o tempo de vivir. Eu xamais tiven tempo para ler,
pero nada, xamais, puido impedirme que acabase unha novela que amaba.
A lectura depende da organización do tempo social, é, como o amor,
unha maneira de ser. O problema non está en saber se teño tempo de
ler ou non , senón en se me regalo ou non a
dicha de ser lector.”
"Como una novela". (Daniel Pennac)
Ningún comentario:
Publicar un comentario