Amor
“Oxalá a capacidade para escoller a quen un quere, e a quen quere máis
ou menos,
a
quen quere dun xeito ou doutro, a quen deixa de querer cando ten que facelo,
estivese só na man de un. Pero non é así; polo menos no meu caso, non o é.”
(Booktrailer “De remate”.”En memoria de Bieito Sanmarful.”)
Xoves , 14
de Xaneiro 2016
|
Deixamos un ano
atrás e damos a benvida a este 2016, ano cheo de supersticións para uns, de alegría de poder gozar dun día máis no calendario para outros, e de celebración
para os que naceron un 29 de febreiro, pois, despois de catro anos, volven
estar de aniversario. Caprichos da astronomía!!!
Moitas e
diferentes son as historias que se foron xestando ao redor dos anos bisiestos
como o que acabamos de empezar. Quizais a frase que máis oímos dicir sobre eles
é a fatídica “ANO BISIESTO, ANO SINISTRO”. Aínda hai moitas persoas que cren
que un ano bisiesto é sinónimo de catástrofes, guerras, conflitos, pero se
botamos man das hemerotecas atopamos grandes acontecementos ocorridos ao longo
deses anos e non todos son tráxicos. Algúns grandes personaxes famosos viron a luz
por primeira vez un 29 de febreiro: o inglés John Byron, o compositor italiano
Giocchino Rossini, e incluso un Papa, Pablo III; e, en 2004, inaugúrase unha das grandes redes sociais da internet: Facebook. Pero todo depende de como
miremos ao futuro: se o facemos a través do optimismo e a felicidade, seguro
que, ao final do ano, nin nos acordaremos de que foi bisiesto. Ah!, por certo, non
podía faltar o termo inglés que denomina aos nados o 29 de febrero ”Leapers” (de
Leap year, ano bisiesto en inglés).
Mesmo hai un
Club Mundial dos Bisiestos do que hai constancia no libro Guinnes dos
récords, creado por un hostaleiro vasco en 1996, e vasco é tamén o autor da nosa
primeira lectura proposta para hoxe: Maturtene.
Héctor Cajaraville é un deses mozos que un día tivo un soño e ao espertar viu que se fixera realidade. Naceu en Santiago de Compostela no ano 74, e estudou xornalismo na USC, onde tamén cursou másteres de Edición e Lingüística Galega. Traballou nos gabinetes de comunicación de institucións como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a USC ou o Concello de Santiago, ademais de en medios de comunicación como La Voz de Galicia e De Luns a Venres. É tamén coautor do Dicionario Xerais de Secundaria e Bachalerato e autor do libro Ou palabrego, unha obra a medio camiño entre un dicionario e un libro de poemas. Desde 2011 dedícase tamén a tarefas de corrección para diveros selos editoriais.
Xunto con Héctor, e sentado á súa esquerda, temos a sorte de poder gozar esta tarde da presenza de Anxo Guerra, un dos membros do Xurado que outorgou o Premio Xerais 2015 á novela De remate. Antes de empezar a falar co autor do libro, dámoslle paso a Anxo para que nos poña un pouco en antecedentes de como se nomea o xurado para estes premios e de como é o proceso de selección dunha novela gañadora. Anxo conta que el non coñecía a ningunha das persoas que compoñían o xurado e que calquera pode apuntarse para ser membro do mesmo; o único requisito é que hai que estar disposto a ler en tempo record unhas cantas obras. A elección deste ano tivérona moi fácil, pois todos os membros do xurado preseleccionaran a novela de Héctor e na final outorgouse por unanimidad o premio a De remate por ser unha novela pouco convencional e singular á hora de narrar a historia.
Comezamos coas preguntas ao autor pedíndolle que nos explique como se xesta unha novela, Héctor di que a idea primitiva era escribira os artigos, elementos centrais da novela, e que así o fixo. Pero decatouse de que unha novela formada só por artigos non lle valía se quería presentala a algún concurso, e xurdiu, entón, a idea de intercalar correos, todo iso nun proceso un pouco anárquico. Sabe que non é unha novela ao uso e que quizais ese fose o motivo principal polo que recibiu o Premio; mais é tamén o motivo de críticas porque moitos/as lectores/as non a consideran unha novela en si mesma, xa que a estrutura non é a típica dunha novela, como se deixa constar na contraportada do libro: "Está constituída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogues, poemas, documentos oficiais..."
O título e a portada son temas moi importantes á hora de vender ou dar publicidade a un libro, Héctor comenta que a portada non é o que pretendía. Se facemos unha primeira aproximación cando temos o libro nas mans, é que o argumento ten que tratar o tema da tolemia canto menos, e nada mais lonxe da realidade; non o via moi claro pero aos poucos foille encontrando significado. O título tamén lle custou e ao final decantouse por De remate, xa que este é o título da columna que ten o protagonista no xornal, así como a situación na que se atopa Bieito neses momentos da súa vida.
É unha historia con moita carga emocional. Lembremos que, xa desde o principio, sabemos que Bieito está morto; e a medida que imos entrando na lectura, observamos as diferentes formas de relacionarse que o protagonista ten coa nai, a amiga e o compañeiro. Como definirías o protagonista da novela? Creo que Bieito Sanmarful é unha persoa fráxil, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir. Ao longo da lectura asistimos ao seu deterioro físico e mental. Asistimos ao mesmo
tempo ao retrato sociolóxico que fai da Galicia que lle tocou vivir: fala do narcotráfico, dos entroidos, da educación..., e non sempre moi de acordo cos lectores/as da súa columna que nalgunha ocasión lle píden que se desculpe.
Tamén hai outros artigos máis centrados na lingua que Héctor pensóu que só manterían o interese das persoas que máis familiarizadas estivesen coa lingua, pero que ao final resultaron ser os que máis interese crean no lector. Hai un artigo moi peculiar sobre os apelidos, e mesmo sae unha anotación sobre o seu, Cajaraville. Héctor lémbranos que quen non tivo algún apelido singular na escola que valese para acaparar a atención dos abusóns da clase, en beneficio dos miopes, gordos ou trencos que quedaban relegados a un segundo plano grazas a apelidos como Pirolas, Porcas, Espantosos que daban pé ás máis imaxinativas burlas. VALORACIÓN: (3/5)
Sabemos que ao mesmo tempo que escribía De remate, Héctor escribiu unha novela infantil e outra para público xuvenil que se publicarán durante o verán; así que nestes momentos segue coa promoción da súa novela e estará moi ocupado coas dúas próximas publicacións. Esperamos que esta non sexa a última vez que nos reunimos con el e desexámoslle moita sorte.
Y para o próximo mes reunirémonos en dúas sesións para comentar. Na primeira delas, falaremos de La habitación de Nona de Cristina Fernández Cubas; na segunda, co club de lectura de Silleda, o último Premio García Barros, Lourenço xograr, de Manuel Portas.
Escrita por Ramón Saizarbitoria, é unha
novela extensa, case oitocentas páxinas, onde se nos vai narrando a convivencia de
dous matrimonios na idade madura con moitos problemas nunhas monótonas vidas nas que a comunicación brilla pola súa ausencia pero nas que abundan os reproches e as
infidelidades. Por unha banda están Martín, un escritor un tanto estraño, e Julia, que se dedica á tradución; e por outro, Abaitua e Pilar, el xinecólogo e ela
neurocirurxiá. As súas vidas vense alteradas cando irrompe en escena unha nova
socióloga norteamericana, de nome Lynn, que vivirá na casa do primeiro
matrimonio e que manterá unha apaixonada
historia de amor cun dos personaxes principais da novela, Abaitua. Esta
historia, que podemos considerar o eixe da novela, minguará aínda máis, se cabe, as relacións e influirá no destino de
ambas as parellas.
Maturtene é unha novela coral na que aparecen dous personaxes máis, presentes, quizais, nun segundo plano. Un dos personaxes é Harri, amiga dos dous matrimonios e obsesionada con atopar a Kepa, o home co que coincidiu nun avión durante a súa viaxe a Londres e que tamén é amigo de todos eles aínda que ela descoñeza este dato. En moitos momentos da novela parece que estes dous personaxes se cruzan pero non se ven. Esta peripecia engádese ás vividas por Pilar para manter a clínica familiar e á relación de Julia con Martin, que algúns/as consideran tóxica e outros/as de submisión e conformismo por parte de Julia.
Martutene é unha novela metaliteraria, unha novela dentro doutra novela, xa que o escritor introduce como nexo de unión entre todos os protagonistas a novela Montauk, de Max Frisch, unha novela autobiográfica cuxa historia trascorre durante un fin de semana da primavera do 74 que Frisch pasou, cunha moza de nome Lynn, nunha paraxe con ese nome situado no extremo leste de Long Island. Os protagonistas de Martutene que a leron van interpretando cada un o que sucede na novela e nas súas vidas, atopando moitas similitudes entre a historia de Frisch e as súas vidas reais.
Tamén o nacionalismo está moi presente ao longo da novela nas diferentes formas de pensar dos personaxes sobre o País Vasco: o terrorismo de ETA, a súa identidade, a súa cultura, a súa gastronomía, a súa literatura, a súa música... "É evidente que o sentimento patriótico se asenta nese sedimento que foron deixando no corazón esas fermosas cancións cantadas a un tempo na adolescencia."
Se hai que poñerlle un pero a esta novela, á parte do extensa que é ( para algúns/as sobraban unhas cantas páxinas), é a gran cantidade de frases que ten en diferentes idiomas (inglés, francés, eúscaro, italiano), frases que, aínda que non inflúen no seguimento da trama, si é recomendable traducir; e a abundancia de leísmos, quizais debidos á tradución (debemos lembrar que é unha obra escrita orixinariamente en eúscaro e traducida ao castelán pero que conserva a esencia vasca). Unha historia a fin e ao cabo de amor e desamor. VALORACIÓN: (4/5)

Seguimos esta tarde co último Premio Xerais 2015, De remate, de Héctor Cajaraville. Como xa vos contamos na anterior entrada do blogue, contamos coa presenza do escritor para comentar a súa novela. Nos últimos anos, novos escritores galegos fixéronse un oco no panorama literario, moi difícil, e máis se falamos de escribir nunha lingua como é o galego, que vai espertando e facendo camiño, aos poucos e con moito traballo. Estes escritores ven recoñecido o seu labor a través de Premios, clubs de lecturas e mesmo polo medio que quizais máis adeptos capte, o boca a boca. Son a cabeza visible de toda unha xeración que loita pola súa cultura, pola súa herdanza e que quere demostrar coas súas palabras, coas súas historias, que se pode traspasar fronteiras.
Xunto con Héctor, e sentado á súa esquerda, temos a sorte de poder gozar esta tarde da presenza de Anxo Guerra, un dos membros do Xurado que outorgou o Premio Xerais 2015 á novela De remate. Antes de empezar a falar co autor do libro, dámoslle paso a Anxo para que nos poña un pouco en antecedentes de como se nomea o xurado para estes premios e de como é o proceso de selección dunha novela gañadora. Anxo conta que el non coñecía a ningunha das persoas que compoñían o xurado e que calquera pode apuntarse para ser membro do mesmo; o único requisito é que hai que estar disposto a ler en tempo record unhas cantas obras. A elección deste ano tivérona moi fácil, pois todos os membros do xurado preseleccionaran a novela de Héctor e na final outorgouse por unanimidad o premio a De remate por ser unha novela pouco convencional e singular á hora de narrar a historia.
Comezamos coas preguntas ao autor pedíndolle que nos explique como se xesta unha novela, Héctor di que a idea primitiva era escribira os artigos, elementos centrais da novela, e que así o fixo. Pero decatouse de que unha novela formada só por artigos non lle valía se quería presentala a algún concurso, e xurdiu, entón, a idea de intercalar correos, todo iso nun proceso un pouco anárquico. Sabe que non é unha novela ao uso e que quizais ese fose o motivo principal polo que recibiu o Premio; mais é tamén o motivo de críticas porque moitos/as lectores/as non a consideran unha novela en si mesma, xa que a estrutura non é a típica dunha novela, como se deixa constar na contraportada do libro: "Está constituída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogues, poemas, documentos oficiais..."
O título e a portada son temas moi importantes á hora de vender ou dar publicidade a un libro, Héctor comenta que a portada non é o que pretendía. Se facemos unha primeira aproximación cando temos o libro nas mans, é que o argumento ten que tratar o tema da tolemia canto menos, e nada mais lonxe da realidade; non o via moi claro pero aos poucos foille encontrando significado. O título tamén lle custou e ao final decantouse por De remate, xa que este é o título da columna que ten o protagonista no xornal, así como a situación na que se atopa Bieito neses momentos da súa vida.
É unha historia con moita carga emocional. Lembremos que, xa desde o principio, sabemos que Bieito está morto; e a medida que imos entrando na lectura, observamos as diferentes formas de relacionarse que o protagonista ten coa nai, a amiga e o compañeiro. Como definirías o protagonista da novela? Creo que Bieito Sanmarful é unha persoa fráxil, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir. Ao longo da lectura asistimos ao seu deterioro físico e mental. Asistimos ao mesmo
tempo ao retrato sociolóxico que fai da Galicia que lle tocou vivir: fala do narcotráfico, dos entroidos, da educación..., e non sempre moi de acordo cos lectores/as da súa columna que nalgunha ocasión lle píden que se desculpe.
Tamén hai outros artigos máis centrados na lingua que Héctor pensóu que só manterían o interese das persoas que máis familiarizadas estivesen coa lingua, pero que ao final resultaron ser os que máis interese crean no lector. Hai un artigo moi peculiar sobre os apelidos, e mesmo sae unha anotación sobre o seu, Cajaraville. Héctor lémbranos que quen non tivo algún apelido singular na escola que valese para acaparar a atención dos abusóns da clase, en beneficio dos miopes, gordos ou trencos que quedaban relegados a un segundo plano grazas a apelidos como Pirolas, Porcas, Espantosos que daban pé ás máis imaxinativas burlas. VALORACIÓN: (3/5)

Sabemos que ao mesmo tempo que escribía De remate, Héctor escribiu unha novela infantil e outra para público xuvenil que se publicarán durante o verán; así que nestes momentos segue coa promoción da súa novela e estará moi ocupado coas dúas próximas publicacións. Esperamos que esta non sexa a última vez que nos reunimos con el e desexámoslle moita sorte.
Y para o próximo mes reunirémonos en dúas sesións para comentar. Na primeira delas, falaremos de La habitación de Nona de Cristina Fernández Cubas; na segunda, co club de lectura de Silleda, o último Premio García Barros, Lourenço xograr, de Manuel Portas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario