EXPOSICIÓN SAMAÍN
(do 27 ao 30 de outubro)
Durante a semana do 27 ao 30 de outubro, haberá na nosa
biblioteca unha exposición informativa sobre o Samaín.
Temos programada unha actividade destinada
ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Os distintos grupos, acompañados das súas
profesoras de Lingua e Literatura Galega, acudirán á Biblioteca, visualizarán a exposición e
asistirán á proxección dun vídeo ilustrativo sobre esta tradición festiva. A
seguir, alumnos e alumnas deberán responder un cuestionario sobre a exposición
e o vídeo.
Aquel/a de cada grupo que mellor responda, está
convidado/a a unha “merendiña” nun recreo!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario