A proxección das versións cinematográficas das obras que lemos é unha das actividades máis interesantes que desenvolvemos no noso clube de lectura. E así se demostrou o pasado martes 30 de outubro, cando a biblioteca do centro recibiu a un numeroso grupo de alumnos e alumnas para ver 'El erizo'.
Este filme trátase da adaptación á grande pantalla de 'La elegancia del erizo', a novela de maior éxito da escritora francesa Muriel Barbery. O libro narra a historia de Renée, a porteira dun edificio de París que esconde a súa afección lectora baixo unha apariencia inculta. Unha das súas veciñas é Paloma, unha nena de doce anos extraordinariamente intelixente que, rexeitando o mundo dos adultos, decide suicidarse antes de cumplir os trece anos. Entretanto chega un novo veciño que unirá a Paloma e a Renée antes dun tráxico desenlace.
Continuando ca temática proposta para este trimestre, a lectura prevista para o mes de novembro será a coñecida obra Frankenstein. Dentro dunhas semanas reunirémonos de novo para ver un dos filmes que se teñen feito sobre esta novela. Cal escolleremos finalmente? Vos contaremos na próxima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario